ConcellosÚltima horaVídeos

Estréase o documental sobre as covas promovido pola Ruta do Viño de Valdeorras

O acto tiña lugar esta tarde na cova da adega Joaquín Rebolledo na Rúa

 

O interior dunha antiga adega subterránea ou cova acollía na tardiña deste venres 9 de xuño a presentación do documental “As Covas de Valdeorras”, promovido dende a Ruta do Viño de Valdeorras. En concreto era a cova da adega ruesa Joaquín Rebolledo, situada na zona das Pinguelas. A súa entrada o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, explicaba algúns detalles relativos ás covas e daba a benvida aos asistentes.

 

 

Tras o documental, de 30 minutos de duración, facíase un coloquio conducido polo xornalista e divulgador Manuel Gago no que participaban a directora do documental, Cristina de la Torre, e o director técnico da DO Valdeorras, Jorge Mazaira.

O acto contaba coa presenza de diversas autoridades municipais de Valdeorras, así como da xerente do Inorde, Emma González.

 

 

Tras esta estrea para asociados, o documental iniciará un percorrido por festivais e porase a disposición de institucións e colectivos para facer pases en formato auditorio. O proxecto é unha iniciativa da Ruta do Viño de Valdeorras co apoio da Deputación de Ourense que aposta por poñer en valor este patrominio singular desta comarca vencellado á súa memoria vitivinícola.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button