CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Estréase o tráiler do documental sobre a ‘Cidade da Selva’ (Casaio) que chegará ao Barco o 17 de setembro

A proxección será no Teatro Lauro Olmo ás 19:30 horas

Un dos entrevistados no documental.

 

Tras máis de cinco anos de investigacións, tres anos de produción, unha intensa campaña de crowdfunding e unha pandemia mundial, finalmente chegará ás pantallas do Barco de Valdeorras o documental ‘Ciudad da la Selva: fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”, dirixida por Miguel Riaño e producida por Metropolis.coop. “Foi un camiño moi complicado pero ao mesmo tempo moi emocionante, e por fin podemos mostrar o resultado ao público”, di Miguel Riaño.

Este documental, que conta coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, recolle a historia da Cidade da Selva, o conxunto de campamentos que a guerrilla antifranquista estableceu nos escarpados montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras) e que foron ocupados tras a Guerra Civil Española. Un xacemento arqueolóxico abandonado que o equipo de Sputnik Labrego escavou en varias campañas desde o ano 2017, cuxos resultados son a base da peza que se presentará no teatro Lauro Olmo.

 

Fotograma do trailer do documental.

 

O documental nútrese ademais de decenas de entrevistas realizadas aos protagonistas desta intensa historia. “A idea principal é que existen aínda historias traumáticas do pasado recente que deben ser postas en discusión. Unha forma de xustiza histórica e de reparación das vítimas da represión e a violencia”, remata o director do filme.

A presentación do documental realizarase no Teatro Lauro Olmo o sábado día 17 de setembro ás 19:30 horas. As entradas poderán comprarse no mesmo teatro desde unha hora antes.

Unha semana antes, este 7 de setembro estreábase o trailer oficial.

 

Artigos relacionados

Back to top button