O Concello de Ourense vén de anunciar que asinará un acordo de colaboración con Estrella Galicia en próximas datas co obxectivo de elaborar unha programación cultural e festiva para a cidade “con carácter permanente”.
A colaboración materializarase nos eventos que requira o Concello, segundo anuncian fontes municipais, que avanzan que será concretada en vindeiros días.
O alcalde, Jesús Vázquez, mantivo unha reunión o pasado 26 de abril co director corporativo da cerveceira, Hijos de Rivera, Antonio Viejo para pechar detalles.