CulturaCulturaÚltima hora

Estudantes de arqueoloxía visitan a exposición do pintor Jesús Díaz Ferrer, no Barco

 

Entre as persoas que nesta semana visitaban a mostra “Esencial”, conmemorativa do centenario do nacemento do pintor valdeorrés Jesús Díaz Ferrer, estaban os estudantes do máster de arqueolóxica que realizaban as súas prácticas nestes días no castro de Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras).

Acompañados por membros do equipo de Sputnik Labrego, facían unha visita guiada por esta mostra, instalada na sala Abanca do Barco, da man do seu comisario, o historiador da arte Luís Enrique Rodríguez Arias “Coquixo”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button