En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Estudantes do Barco, A Rúa, Trives e Viana asisten á xornada de orientación da USC

A inauguración do programa "A USC Camiña" tiña lugar no pavillón de Calabagueiros, no Barco

 

Coa pretensión de ser unha actividade itinerante no curso 21/22 nacía o programa “A USC Camiña” para achegara a Universiade de Santiago de Compostela á sociedade de toda Galicia.

A iniciativa consiste nunha serie de postos informativos sobre as titulacións de grao, mestrado e doctorado, pero tamén sobre a investigación e os diferentes servizos relacionados coa vida universitaria (residencias universitarias, cultura, mobilidade, voluntariado, a importancia das linguas, deportes, …) que na mañá deste xoves 26 de xaneiro chegaba ao Barco de Valdeorras.

 

 

Á inauguración que tiña lugar no pavillón de Calabagueiros onde tamén se desenvolvían os obradoiros, asistían alumnos dos cursos superiores dos intitutos do Barco, da Rúa, de Trives e de Viana do Bolo así como do Colexio Divina Pastora (O Barco) e Pablo VI-Fátima (A Rúa), contando coa presencia do alcalde do Barco, Aflredo García, do vicerrector e presidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia, Celso Rodríguez Fernández, Guadalupe Vila coordinadora do programa no Campus de Lugo, Antonio Álvarez, da Vicerrectoría do Campus de Lugo; e das directoras dos institutos Martaguisela e Lauro Olmo, Amparo Folla e Carmen Gamarra respectivamente.

“A USC Camiña” contou con postos informativos e talleres sobre Oficina de Información Universitaria (OIU); Titulacións de Artes e Humanidades; Titulacións de Ciencias; Titulacións de Ciencias da saúde; Titulacións de Enxeñaría e Arquitectura; Titulacións de Ciencias Sociais e Xurídicas; Investigación; Servizos de voluntariado e igualdade; Servizo Universitario de Residencias; A importancia das linguas: Normalización lingüística, CLM e mobilidade; Biblioteca; Cultura; Deportes; Programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

 

 

Tamén contou con mesas redondas e charlas, nos salóns de actos do IES Martaguisela e Lauro Olmo con alumnado de intercambio tanto saínte como entrante de diferentes titulacións, sobre as saídas laborais das titulacións coa participación do alumnado titor e sobre a investigación que se fai no Campus de Lugo e Santiago.

A_USC_Camina_O_Barco POGRAMA

Artigos relacionados

Back to top button