CulturaCulturaÚltima hora

Estudantes do Conservatorio de Música do Barco, na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico

 

Catro alumnos do Conservatorio Municipal do Barco participaban na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico, que se celebraba na pasada fin de semana no Teatro Gil Vicente de Barcelos (Portugal).

Os representantes do Barco participaron na categoría C. Primeiro actuou Iria Bárbara Rodríguez Ferrero, solista de saxofón, quen estivo acompañada ao piano polo profesor Miguel Forneiro Cid. A solista presentou un repertorio de dúas pezas, “Cantilene et Dance”, de Denis Joly, e “Suite Hellénique”, de Pedro Iturralde.

 

 

O Grupo de Cámara composto por Aarón González Prieto (saxofón), Miguel Ortiz Sousa (piano) e Javier Fernández Monteiro (frauta traveseira), interpretaba tamén dúas pezas, “Piéce Romantique”, de Philippe Gaubert, e “Tarantella”, de Camile Saint-Saëns, Op. 6.

Artigos relacionados

Back to top button