ConcellosÚltima hora

Estúdase a posta e marcha dun proxecto turístico chamado “A Gran Senda do Sil”

Valórase crear, a partir de fondos europeos, unha senda que discurra a través de 31 concellos da varias provincias e dúas comunidades (Castela e León e Galicia) e cunha lonxitude de 200 quilómetros, desde o nacemento deste río ata a súa desembocadura

O río Sil ao seu paso polo Barco./ Foto: A.R.

 

A idea é crear unha senda que discurra a través de 31 concellos da varias provincias e dúas comunidades (Castela e León e Galicia) e cunha lonxitude de 200 quilómetros, desde o nacemento do Sil, en La Cueta, ata a súa desembocadura no Miño, na localidade dos Peares. O obxectivo da creación desta senda, cuxa adecuación e promoción se pretende por en marcha con fondos europeos, é incentivar o turismo nas comarcas polas que descorrerá, así como crear emprego e fixar poboación.

Esta idea vén de xurdir na comarca do Bierzo, buscando alternativas tras o peche das minas de carbón. Os promotores consideran que pode ser un elemento dinamizador interesante “no que temos que estar todos unidos, tanto os concellos como, no caso de que finalmente se consiga desenvolver o proxecto, tamén a iniciativa privada”, di o alcalde do Barco, que esta mañá participaba nunha reunión celebrada na Casa da Cultura de Toreno, convocada pola Asociación “O Sil Si” e o Ayuntamiento de Toreno, para estudiar a posta en marcha dun proxecto turístico denominado “La Gran Senda del Sil”.

O anteproxecto remitirase ao Ministerio de Medio Ambiente para a súa inclusión na Rede de Camiños Naturais. Nos próximos meses celebrarse outra xuntanza, que probablemente se celebrará no Barco, para seguir avanzando no proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button