Eva Arias imponse en La Sansi de Sant Feliu de Llobregat
23 de Novembro de 2018
A atleta valdeorresa, que vén de estrearse coa camiseta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, completaba o circuíto de 10 km nun tempo de 38 minutos e 36 segundos
Eva Arias durante esta carreira catalana./ Foto cedida.
Con vitoria estrea a atleta vilamartinesa Eva Arias Aira a tempada. Corría o 18 de novembro na carreira La Sansi de Sant Feliu de Llobregat e era a primeira corredora feminina absoluta en cruzar a liña de meta tras completar un circuíto de 10 km. Neste traxecto invertía un tempo de 00:38:36.
Esta era ademais a primeira competición na que esta atleta, natural de San Miguel de Outeiro, corría coa camiseta do seu novo club, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Arias quedaba ademais no posto 26 da clasificación xeral, na que vencía Mohamed El Ghazouany (00:31:30).
A atleta valdeorresa cruzando a liña de meta./ Foto cedida.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.