DeportesÚltima hora

Eva Arias promove unha carreira en Valdeorras a prol dos dereitos das mulleres

Sairá ás 17:30h. do 8 de marzo dende Petín e a súa meta será O Barco, co fin de participar na concentración programada para as oito da tarde
A atleta valdeorresa Eva Arias./ Foto: Carlos G. Hervella.

A atleta valdeorresa Eva Arias está a preparar unha “quedada” de corredoras con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Está concebida para manifestar “a repulsa a calquera acto de violencia e en defensa dos nosos dereitos (igualdade de oportunidades, dereitos, salarios…)”, en palabras de Arias.

A actividade consistirá en saír correndo dende Petín sobre as 17:30h. do día 8 de marzo para chegar á praza do Concello do Barco en torno ás 19:50h. co fin de asistir á concentración que está convocada alí ás 20h. “Pasarei correndo por cada concello: Petín, A Rúa, Vilamartín e O Barco e, en cada un deles, daranme uns lazos cunha frase reivindicativa en defensa dos nosos dereitos que entregarei ao chegar ao Barco á persoa encargada de dirixir a manifestación”, conta esta atleta que anima ás mulleres a sumarse a este evento e a correr “comigo todo o trazado ou ben parte del, ou a vir en bicicletas”.

Artigos relacionados

Back to top button