Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Evacuada en helicóptero unha persoa tras un choque de motos en Chandrexa de Queixa

 

Esta tarde, arredor das 17:30h., producíase un o choque entre dúas motos, con dous ocupantes cada unha delas, no lugar de San Fiz, cando os dous vehículos circulaban á altura de Cadeliña, pola OU-0602, punto quilométrico 15, no municipio de Chandrexa de Queixa. “Unha das motos parou e a de atrás chocou contra a primeira, deixando a unha das súas ocupantes ferida”, segundo informa o 112 Galicia.

Tras ser alertados do suceso, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ao punto unha aeronave medicalizada. Do mesmo xeito foron informados a Garda Civil de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Os servizos sanitarios derivaron ao lugar dos feitos ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, que trasladou á muller ferida ao centro hospitalario de referencia, segundo indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button