Na mañá deste martes 10 de setembro un operario que traballaba enriba dun muro ao pé da estrada en Padrenda, tiña que ser evacuado en helicóptero despois de caer e resultar ferido.
Tal como informan dende o 112 Galicia, pasaban dez minutos das 10:30 horas cando un particular os alertaba do accidente “que aconteceu no colexio da localidade ourensá, situado na parroquia de Crespos”, din puntualizando que o implicado “permaneceu consciente en todo momento, aínda que precisaba asistencia sanitaria”.
Así, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaban a saída dun helicóptero medicalizado, que tomou terra no lugar do accidente e que, finalmente, evacuou ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Neste operativo participaron tamén a Garda Civil e os membros do GES de Ribadavia.