CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ex alumnos do IES Martaguisela do Barco visitan o centro para achegar a súa experiencia profesional

Eva María López, discípula do premio Nobel de Química James Fraser Stoddart, compartiu charla cos alumnos de Bacharelato

“Gústanos saber de vós”. Ese é o nome da sección creada hai un ano no IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, co obxectivo de que antigos alumnos do centro manteñan unha encontro cos actuais. Falar da súa experiencia e traxectoria profesional, responder ás preguntas… O ano anterior contactaron, vía Skype, con Noa Feás, Licenciada en Veterinaria que traballa actualmente nun programa de Doutoramento en Biomedicina investigando o cancro, e este ano facíano con outra ex alumna brillante, desta volta de forma presencial.

Na mañá do 15 de marzo visitaba o centro barquense, a valdeorresa Eva María López, discípula do premio Nobel de Química James Fraser Stoddart. Tal como explican dende o instituto, “o alumnado de Bacharelato desfrutou moito dunha interesante charla con Eva que contestou amablemente a moitas cuestións relativas ao seu Doutorado na Universidade de NorthWesternJ e ao seu traballo como investigadora en química molecular, pero tamén sobre o momento actual da investigación en España ou a situación da muller nesta tarefa”.

Artigos relacionados

Back to top button