ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Excarcerada unha muller en Monforte despois de envorcar o vehículo que conducía

 

Arredor das 18:30h. desta tarde producíase un accidente de tráfico á altura do punto quilométrico 6 da LU-903, ao seu paso pola parroquia de Marcelle, no concello lucense de Monforte. Unha persoa particular foi quen chamou ao 112 Galicia, ás 18:30 horas, para informar da situación e solicitar axuda para unha condutora atrapada tras envorcar o seu vehículo.

De inmediato, os xestores da central de emerxencias galega puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Monforte, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Ademais, informouse aos membros de Protección Civil e ao persoal do servizo de mantemento das estradas.

De acordo coa información facilitada ao 112, os Bombeiros de Monforte tiveron que empregar o seu material de excarceración xa que foi necesario cortar a porta do turismo para acceder á ferida –que estaba consciente- e, así, evacuala coa axuda dunha padiola.

 

Artigos relacionados

Back to top button