ConcellosÚltima hora

Excursión ao antigo Balneario de Mondón dende Barxa (O Bolo), este domingo

A andaina, organizada polos amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, comezará ás 10h.
Vista parcial do pobo de Barxa, no concello do Bolo./Foto: Facebook Juan De O Bolo

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras organizou para este domingo 1 de xullo unha excursión ao antigo Balneario de Mondón, un lugar ubicado no concello de O Bolo, ao que se accede dende o pobo de Barxa que será o punto de partida da andaina. Alí os participantes poderán deixar os coches ao carón do río Xares para continuar a ruta camiñando durante uns oito quilómetros ata chegar ao lugar.

Segundo o programa feito público pola asociación, a saída será ás 9:30 horas en vehículos particulares dende a praza do Concello da Rúa. A chegada á Barxa está prevista para as 9:45h. e o comezo da andaina será ás 10h. “percorrendo a marxe dereita do río Xares, bordeando o encoro de Santa Eulalia” ata chegar a Mondón en torno ás 12h. para visitar a zona e descansar.

De regreso a Barxa, en torno ás 14h. terá lugar o xantar “a carón do río á sombra das árbores”, antes de regresar á Rúa “á hora que se decida”.

 

Artigos relacionados

Back to top button