DeportesGalerías de fotosSen categorizar

Exhibición de judo en Valdeorras

Os alumnos de judo do Barco asistiron a unha clase do presidente do Trofeo Miguelito Miguel Ramos

Na tarde do 18 de xuño, como unha das actividades de fin de curso, 38 alumnos de judo do colexio Otero Pedrayo de Viloira no Barco de Valdeorras, asistían xunto aos seus familiares, a unha entretida e dinámica clase de man de dous mestres galegos desta arte marcial: Miguel Ramos, presidente e creador do Trofeo Miguelito que cada ano xunta a centos de nenos na Coruña, e Eduardo Galán vicepresidente da Federación Galega de Judo e responsable de titulacións. Á cita tampouco faltou o organizador Alberto Vázquez, profesor de judo en varios centros da comarca de Valdeorras.

Na clase práctica participaron os alumnos e tamén os seus pais, rematando o acto cunha exhibición a cargo dos dous mestres.
Ese mesmo día, o colexio Divina Pastora tamén acollía unha exhibición de judo, pero máis técnica e formal, dentro do programa de actividades de fin de curso.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button