DeportesÚltima horaVídeos

Exhibicións de ballet, zumba e ximnasia rítmica como broche ás Escolas Deportivas Municipais do Barco

 

Para poñer en valor o traballo levado a cabo durante os meses do curso, a Concellería de Deportes do Barco organizaba unha exhibición de ballet, ximnasia rítmica e zumba a cargo dos alumnos das Escolas Deportivas Municipais.

 

 

Na tarde deste vernes 31 de maio o pavillón vello do Barco acollía a exhibición de ballet, ximnasia rítmica a cargo dos diferentes grupos que, acompañados por diferentes elementos como balóns ou cintas e tamén sen nada e guiados pola profesora Rocío, amosaban o aprendido diante dun entregado público.

 

 

De seguido e trala entrega de medallas ás cativas por parte da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, tocáballe o turno ás máis pequenas das clases de zumba que facían a súa demostración na praza do Concello.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button