ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Exitosa verbena en Portela (Vilamartín) da man de Estrella Galicia

O programa incluíu a tradicional romaría, o monólogo de Marta Dovido e baile coa orquestra La Favorita

Publicidade

 

Tralos anos de pandemia e grazas ao patrocinio de Estrella Galicia, a localidade valdeorresa de Portela, no concello de Vilamartín, recuperaba neste 2022 as súas festas. E facíao no formato de verbena co que a empresa cervexeira apoia ao rural galego, colaborando e dotando ás celebracións populares dunha personalidade propia para o goce da súa xente.

 

 

En xuño, a marca xa apoiou a romaría de Lobeira, mentres que en xullo foi a quenda de Vilachán. Agora, en pleno mes de agoto tocoulle o turno á verbena de Portela cun cartel de actividades moi variado que se desenvolvía ao longo da xornada do sábado 13 de agosto.

O programa arrancaba xa ao mediodía coa tradicional romaría e comida no monte co acompañamento musical dos gaiteiros Airiños de Portela. E xa pola tarde a actividade trasladábase ata a praza de Portela onde a presentadora Marta Doviro, premiada ata en tres ocasiones co galardón de “Mellor Comunicadora”, facía rir aos asistentes co seu monólogo.

 

A pedánea de Portela.

 

 

O prato forte chegaba despois, xa preto da medianoite, coa actuación da orquestra coruñesa La Favorita que puxo ritmo e son a unha fantástica noite de verán.

Lonxe de rematar aí, as festas na honra da Nosa Señora continúan hoxe, domingo 14 de agosto, coa verbena amenizada polo dúo Elixir. Mañá, luns 15 de agosto, é o día da Asunción con procesión e a actuación da charanga Río Leira.

 

 

A pedánea de Portela, Ana, asegura que “está todo ou pobo moi, moi agradecido de que Estrela Galicia nos seleccionara para recuperar a nosa verbena, que perdemos en 2019 e este ano tiñamos moitas dificultades para poder festexar”.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button