ConcellosTrivesÚltima hora

Exitoso e “sinistro” túnel do terror no Samaín da Pobra de Trives

 

Con diferentes de actividades pensadas para os máis pequenos pero tamén para os adultos, celebrábase a partires na tarde deste venres 27 de outubro en Trives a festa do Samaín, tendo como escenario o labiríntico Centro de Interpretación Santa Leonor.

 

 

Organizado polo Concello en colaboración coa ANPA O Recreo do CEIP Bermúdez Couso, a actividade comezará co ‘Truco ou Trato’ polo pobo e, xa a partir das 18 horas, o túnel protagonizado por xente da ANPA (pais, nais, voluntarios e mesmo nenos) que interpretaron aos distintos personaxes de contos e películas de medo.

 

 

O programa incluía unha merenda e un ano máis tivo moi boa acollida tanto por parte dos nenos como dos mozos e tamén xente adulta.

Fotos: cedidas e Caros G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button