CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

Exitoso ‘Entroido Miúdo’ en Rubiá

 

Debido á situación sanitaria, este ano o Concello de Rubiá non organizou o tradicional desfile de comparsas e folións que na tarde do Domingo de Entroido enchía de cor e música a rúa principal da vila, pero no seu lugar prepararon unha actividade especialmente pensada para os máis pequenos: o ‘Entroido Miúdo’.

Así, na tarde deste domingo 27 de febreiro, numerosas familias cos seus pequenos achegábanse ata a praza do Concello para desfrutar dun Entroido acorde coas circunstancias, unha festa infantil de disfraces  amenizada por Rafa DJ que remataba cunha chocolatada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button