CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Exitoso festival de danza no Barco a favor dos afectados polo incendio de Valdeorras

O Teatro Lauro Olmo acollía a gala organizada pola academia Bayadère

Publicidade

 

Tralo éxito das dúas sesións co que celebraban o final de curso 2022/2023, o pasado 8 de setembro a Academia de Danza Bayadère, ubicada no Barco de Valdeorras, comezaba un novo curso coa desgraza provocada no mes de xullo polo incendio aínda na retina.

Por iso, á responsable da academia, Nuria Reguera ocorríaselle unha inmellorable forma de inciar a campaña 2022/2023: cun festival benéfico a favor dos afectados polo lume (veciños dos concellos do Barco, Rubiá e Carballeda de Valdeorras).

 

 

A idea poñíase en marcha na tarde deste sábado 24 de setembro no Teatro Lauro Olmo, cun exitoso festival no que as alumnas da escola amosaron toda a súa arte sobre o escenario. Pensando nun mundo idílico, sen traxedias nin desgrazas, as bailarinas foron interpretando as diferentes pezas preparadas para a ocasión. Baile clásico de diferentes niveis, baile moderno e mesmo sevilladas, con coidadas coreografías e vestiario que unha vez máis fixo as delicias do númeroso público que atendeu á chamada solidaria de Bayadère.

O prezo das entradas era de 4 euros e o 50% irá destinado a Cruz Vermella. Tamén houbo unha fila 0 (aportación libre) que será íntegra para a ONG.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas da galería que son cedidas.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button