CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Exitoso magosto benéfico en Vilamatín, da man da ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino

 

Continúan as iniciativas da ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino para recadar cartos cos que complementar o ensino dos nenos do colexio, con actividades extraescolares que os animen, motiven e sigan formando.

 

 

 

Nesta ocasión a idea viña en forma dun magosto benéfico que na tarde deste mércores 1 de novembro enchía de xente disposta a colaborar, o Centro Sociocultural Santa Lucía. Alí reuníanse unhas 250 persoas que, por 6 euros que custaba a entrada, degustaban unha rica merenda a base e bolo preñado, castañas asadas, lambetadas (para nenos e maiores), sandwiches para os cativos, empanada, bica e bebida.

 

 

Aínda que nun principio estaba previsto celebralo na praza José Luis Núñez, a previsión de chuvia e vento obrigaba a cambiar o magosto de lugar. No exterior asaron as castañas e xa no interior tiña lugar a merenda.

 

 

Na cita, moi próxima ao Samaín, tampouco faltaron os disfraces e sobre todo o bo ambiente, entre varias xeracións, dende os nenos ata os avós.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as dúas últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button