Coma nos mellores tempos, na noite deste venres 9 de agosto era o teatro quen marcaba o inicio da festas de San Lourenzo en Arcos.
E unha vez máis, tralo parón do ano pasado, os veciños que forman o grupo de teatro dirixido por David Vázquez deleitaban a un animado e concorrido público cunha nova comedia sobre un misterioso elixir elaborado no convento para extraños fins… Unha divertida obra que entretivo e fixo rir ao público, logrando o seu obxectivo.
Ao rematar, a sesión verbena correrá a cargo da discomóbil Pimentoneta da Rúa. E mañá, a procesión será ás 12:30 horas seguida da misa na honra a San Lourenzo. Pola tarde haberá unha festa da auga para os nenos e o baile, tanto en sesión de tarde como na verbena, correrá por conta do grupo musical Punto Clave.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.