CulturaCulturaÚltima hora

Experiencia Fotográfica Lúa Fría, no Destino Turístico Starlight Trevinca

Será o sábado 14 de decembro no Centro Astronómico de Trevinca

 

O Destino Turístico Starlight Trevinca organiza a derradeira experiencia astronómica do ano cunha actividade que combina a astronomía e a fotografía e que terá lugar o vindeiro 14 de decembro no Centro Astronómico de Trevinca. Durante o evento os asistentes terán a oportunidade de aprender as técnicas de astrofotografía e capturar imaxes do ceo, que poderán formar parte do VIII Concurso de Fotografía Destino Turístico “Lúas de Trevinca”.

No taller de astrofotografía impartiranse coñecementos sobre o uso de equipos adecuados como cámara e telescopios; así como os métodos para capturar imaxes da Vía Láctea, planetas e outras maravillas do cosmos. Unha vez rematado o taller, os participantes porán en práctica o aprendido, capturando imaxes do ceo nocturno de forma guiada.

 

 

O evento incluirá un obradoiro de astrofotografía; observación guiada do ceo e Choiva de Xemínidas; e cea con produtos de cercanía.

Esta experiencia está deseñada para todo aquel que queira aprender fotografía nocturna e está aberto a todas as idades. Recoméndase levar cámara e trípode, aínda que tamén se disporá dalgúns equipos para aqueles que non conten cos seus.

Ademais, os participantes terán a oportunidade de compartir as súas mellores imaxes nas redes sociais do evento utilizando o hashtag #LúasdeTrevinca2024, e participar nas Bases do Concurso de Fotografía Destino Starlight Trevinca coa posibilidae de gañar premios en metálico.

PROGRAMA E INSCRICIÓN EXPERIENCIAS FOTOGRAFÍA LÚA DE TREVINCA 24

 

Artigos relacionados

Back to top button