CulturaCulturaÚltima hora

Exposición de traballos en ganchillo da Asociación Virxe dos Remedios de Castro Caldelas

 

O Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas acolle dende o 7 de xullo unha exposición que reúne os traballos realizados ao longo deste ano pola Asociación Virxe dos Remedios. Achégase así o labor de máis de 25 persóas que, baixo a dirección da Monitora Puri Pérez, asistiron ao curso de ganchillo feito pola asociación.

Numerosos e fermosos traballos como colchas, sabas, bonecos, diversas prendas, elementos decorativos, etc. .quedan expostos para ser visitados. O acto inaugural da mostra tiña lugar na tarde do domingo e no seu decurso rendíaselle unha homenaxe a Esther, unha veciña que vive na residencia do maior de Castro Caldelas e, que, “pese aos seus anos ten unha gran habilidade para traballar co ganchillo. Foi acompañada do señor Juan, un residente de 103 anos, cun envexable estado físico e de habilidades sociais”, destaca a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

Ademais neste acto, a presidenta da asociación, facíalle entrega dun agasallo, que recibía emocionada. Da montaxe e cartelería desta mostra encargábase Manuel Carrete.

Fotos cedidas.

Back to top button