ConcellosRubiáÚltima hora

Extinguido o conato de incendio de Covas, que afectaba ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)

Helicóptero actuando nun incendio./ Imaxe de arquivo.

 

O conato de incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Covas, e que afectou o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, dabáse por extinguido ás 12,14 horas de hoxe.

O conato (lume de menos de 1 hectárea) iniciouse ás 09,33 h. desta mañá a causa dun raio e afectou unha superficie de 10 metros cadrados. Para a súa extinción, mobilizáronse 1 axente, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button