ConcellosManzanedaÚltima horaViana do Bolo

Extinguido o incendio forestal de Raigada (Manzaneda)

Iniciábase na tarde do pasado martes e afectaba a 25 hectáreas de monte raso, segundo Medio Rural

 

Ás 13:18 h. deste xoves 3 de setembro quedaba extinguido o incendio forestal rexistrado na parroquia de Raigada (Manzaneda), que se iniciaba ás 22:13 h. do martes. Segundo as últimas medicións, unha superficie de 25 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a extinción deste lume mobilizáronse en total 1 técnico, 6 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Neste mesmo municipiode Manzaneda rexistrábanse outros catro lumes na noite do martes, a horas nas que os medios aéreos xa non podían actuar. Un deles orixinouse tamén na parroquia de Raigada, dous iniciáronse en San Miguel de Bidueira e outro en Cernado. Todos estes incendios quedaron extinguidos e ningún superou as 20 hectáreas.

Extinguido tamén o de Vilarmeao

Ademais, na localidade veciña de Vilarmeao, xa pertencente ao concello de Viana do Bolo, producíase outro lume, tamén o martes ás 22:41h., que quedaba extinguido ás 20,40 h. da pasada tarde.

Segundo as últimas medicións, afectou 24 hectáreas de monte raso. Para o control deste lume mobilizáronse en total 7 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

 

Artigos relacionados

Back to top button