En portadaÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Valdeorras e controlado o de Pradoalbar (Vilariño de Conso)

Paisaxe do Barco afectada polo incendio forestal./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ás 19,12 h. desta tarde dábase por extinguido o incendio forestal que se iniciaba na noite do 14 de xullo na parroquia de Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e que, o domingo 17 de xullo comezaba a estenderse polo Barco e xa o luns polo municipio de Rubiá.

Este incendio, que poñía en risco numerosas poboacións, cortando estradas, provocando desaloxos e mesmo entrando en pobos dos tres municipios e queimando casas, devorou unha superficie estimada dunhas 10.500 hectáreas segundo os datos que manexa Medio Rural.

Na extinción deste lume, que tamén afectou ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá), traballaron 16 técnicos, 118 axentes, 254 brigadas, 103 motobombas, 5 pas, 12 avións, 13 helicópteros e a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado o incendio de Pradoalbar (Vilariño de Conso)

Por outra banda, está controlado dende as 14,50 h. de hoxe o incendio forestal de Pradoalbar (Vilariño de Conso), que afectou ao Parque Natural do Invernadeiro e devastou unhas 6.500 hectáreas.

Nos traballos de extinción deste lume traballaron 6 técnicos, 94 axentes, 186 brigadas, 80 motobombas, 7 pas, 9 avións e 15 helicópteros.

Estabilizado o incendio de Barral (Castrelo de Miño)

Por outra banda, está estabilizado dende as 19,34 h. de hoxe o incendio que comezaba na tarde de onte en Barral (Castrelo de Miño) e no que se activaba a situación de nivel 2 ás 22h. por haber perigo para núcleos de poboación, que xa está desactivada.

Na súa extinción traballan 2 técnicos, 24 axentes, 53 brigadas, 34 motobombas, 4 pas, 8 avións, 11 helicópteros e 1 UTA. Este lume afecta a unhas superficie dunhas 200 hectáreas.

Artigos relacionados

Back to top button