OurenseÚltima hora

Extinguidos os lumes de Barxa (A Gudiña), Ábedes (Verín) e Nogueira de Ramuín

Entre os tres supuxeron un total de 214,5 hectáreas queimadas, segundo as estimacións feitas públicas por Medio Rural
Imaxe do incendio, agora xa extinguido, en Ábedes (Verín)./ Foto: Brif Tabuyo.

 

En torno as nove menos cuarto desta noite quedaban extinguidos tres lumes forestais na provincia de Ourense, tal e como informa a Consellería do Medio Rural. Un deles era o de Barxa (A Gudiña), que comezaba onte ás 20:28 h. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 36,56 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de raso. No lugar mobilizáronse 10 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

Quedaba tamén extinguido o de Ábedes (Verín), que comezou onte ás 17,11 h. Segundo as últimas estimacións afecta 37,1 hectáreas, das cales 17,1 son de monte arborado e o resto de raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 8 axentes, 17 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

Ademais resultaba tamén extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou o xoves ás 21 h en tres puntos distintos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 173,13 hectáreas, das cales 32,26 son de monte arborado e 140,87 de monte raso. Na súa extinción traballaron 2 técnicos, 8 axentes, 34 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

 

Controlado o incendio de Muíños

Ademais nesta tarde, quedaba controlado ás 16:55 h. o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 14 axentes, 32 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button