Entroido 2023OurenseÚltima horaVídeos

Fachós ata o Monte do Outeiro para despedir o Entroido en San Cibrao (Oímbra)

 

Ritual de lume para despedir o Entroido en Cibrao (Oímbra). Cumprindo coa tradición, arredor da medianoite do 21 de febreiro, e despois dunha cea comunitaria (a base de porco, pan e viño) na praza, a veciñanza collía cadanseu fachó, que se ía prendendo, para iniciar unha singular procesión de lume ata o Monte do Outeiro.

 

 

Unha vez alí procedíase á queima do Meco, un acto simbólico que despide este efémero tempo de troula e festa e tamén para exorcizar todos os males da comunidade. Deseguido, había fogos artificiais como fin de festa.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

https://youtube.com/shorts/QxjbIUADk5o?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button