A firma Roberto Verín de lamentar, a través dun comunicado, o falecemento neste 31 de xullo de Cristina Mariño (Ourense, 1970-Barcelona, 2022), directora de Marca da empresa e filla do deseñador e fundador verinés.
Cristina Mariño, que se formou en Dereito, desenvolveu a súa carreira profesional na empresa ao longo dos últimos 25 anos. Comezaba a traballar nunha das tendas da firma, a da rúa de Claudio Coello en Madrid. Hai un ano era nomeada directora desta empresa.