ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece Elías Rodríguez Fernández, antigo alcalde de Rubiá

Elías Rodríguez Fernández, nunha imaxe tomada en 1987./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste 24 de marzo falecía aos 93 anos Elías Rodríguez Fernández, alcalde durante varias lexislaturas de Rubiá. Natural da aldea de Oval (Rubiá), este político valdeorrés presentábase por primeira vez ás eleccións locais en 1979, sendo elixido alcalde baixo as siglas de UCD, en 1983 concorría con Coalición Galega e xa en 1987 con Alianza Popular. Deixaba a alcaldía en 1995.

Casado con Concepción Núñez, era pai dunha filla e de tres fillos, un deles Elías Rodríguez Núñez, que é o actual rexedor de Rubiá.

A capela ardende de Elías Rodríguez Fernández está instalada na Sala 2 do Tanatorio Santa Rita do Barco. Familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus no funeral previsto para o venres 25 de marzo ás 18h. na igrexa de Santa Mariña de Rubiá. Seguidamente terá lugar o enterro no cemiterio desta mesma localidade.

Artigos relacionados

Back to top button