OurenseÚltima hora

Falece o condutor dun tractor tras sufrir unha saída de vía en Riós

 

Arredor das 15:45h. deste mércores producíase un accidente na pista asfaltada que une a N-525 co lugar de Rubiós (Riós), cando un home que conducía un tractor perdía o control do vehículo e saíase da vía pola marxe esquerda, o que provocou que o tractor envorcase, tal e como informa o 112 Galicia.

Uns minutos antes das 15:45 horas, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar do sinistro. Tamén acudiron, tras ser requirida a súa intervención polo 112 Galicia, ademais dos Bombeiros de Verín, os efectivos do GES da Gudiña, os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riós.

“Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón, que quedou atrapado. Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Verín para liberalo”, indica o 112 Galicia.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button