ConcellosÚltima hora

Falece o empresario valdeorrés Baltasar Fidalgo Fidalgo

Baltasar Fidalgo Fidalgo.

 

Neste 25 de xullo vén de falecer aos 68 anos de idade o empresario valdeorrés Baltasar Fidalgo Fidalgo, coñecido especialmente pola súa vinculación ao sector da lousa á fronte de Pizarras Cufica, seguindo o camiño iniciado polo seu pai nese sector, se ben tamén desenvolveu a súa actividade noutros ámbitos.

A súa capela ardente estará no Tanatorio La Cruz do Barco a partir das sete desta tarde e o seu funeral está previsto para mañá, 26 de xullo, ás 18h. na igrexa parroquial Nosa Señora da Encarnación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Artigos relacionados

Back to top button