CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Falece o xornalista e escritor barquense José Antonio Gurriarán

Cunha dilatada traxectoria en diversos medios de comunicación, entre eles TVE, este valdeorrés falecía con 80 anos en Madrid

Malia que viviu a meirande parte da súa vida fóra de Valdeorras, era unha persoa moi querida e coñecida nesta comarca, á que volvía sempre que podía a descansar ou a preparar novos proxectos. O barquense José Antonio Gurriarán, un veterano xornalista barquense e escritor, falecía o domingo 31 de marzo aos 80 anos en Madrid.

Nacido en 1939 facía as súas primeiras incursións xornalísticas nos medios que daquela existían en Valdeorras, pero despois formábase en Periodismo e iniciaba unha intensa e destacada carreira en diversos medios, entre eles o diario Pueblo, etapa na que resultaba ferido nun atentado. Sucedía o 29 de decembro de 1980 en Madrid, unha data que marcaría en gran medida a súa vida. Traballou tamén para TVE, da que foi corresponsal en Lisboa durante moito tempo, e foi fundador da segunda cadea de Canal Sur. 

 

 

Escribiu diversos libros, entre eles o titulado “La bomba” (1982). A súa última obra foi ademais a única que escribiu en galego: “As Mulleres do Monte” (Galaxia, 2015). “Este libro era unha cuestión de obriga ética, é un libro da memoria”, aseguraba Gurriarán en outubro do 2015 na súa presentación no Barco. Foi ademais unha das súas últimas aparicións en público na súa vila natal.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button