OurenseÚltima hora

Falece un home despois de ser atropelado por un camión en San Cibrao das Viñas

 

Na tarde deste martes 5 de marzo producíase un accidente en San Cibrao das Viñas no que un home “perdía a vida despois de ser atropelado por un camión”, tal como informan dende o 112 Galicia que pouco despois das 18 horas, recibia diversas chamadas de particulares informando dun atropelo no quilómetro 234 da N-525.

“Os alertadores explicaban que o peón podía ter falecido, e engadiron que o camión transportaba troncos de madeira”, puntualizan dende o 112.

Neste operativo participaron, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Polígono de San Cibrao, GES do Pereiro de Aguiar e Garda Civil de Tráfico. Os servizos sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, “aínda que só puideron confirmar o falecemento do home”, aseguran dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button