ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece un home no Barco ao ser arrollado por un tren

 

Unha persoa falecía esta madrugada no Barco, segundo informa o 112 Galicia, ao ser arrollado por un tren ao cruzar a vía por un punto non autorizado. Ata o lugar do suceso, desprazábanse de inmediato os membros do 061-Urxencias Sanitarias e persoal do PAC do Barco.

Dende Renfe informábase de que o tren que arroiou á vítima era un convoi de mercadorías, e sinalaron que, sobre as 4 horas da madrugada, o tráfico ferroviario quedou restablecido e non se produciu afectación en ningún outro servizo.

Artigos relacionados

Back to top button