OurenseÚltima hora

Falece un home tras caer nunha poza das fervenzas de Tourón (Melón)

 

Unha persoa perdía a vida esta tarde tras caer nunha poza das fervenzas de Tourón, en Melón. Eran as 18 horas cando un particular que se atopaba no lugar chamou ao 112 Galicia. “Na súa comunicación, indicou un home acaba de caer nunha das pozas das fervenzas de Tourón. Confirmaba, ademais, que non o atopaban e que se trataba dunha zona de difícil acceso”, segundo informa o 112 Galicia.

Así mesmo indica que “nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melón. Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense”, asegura o 112 Galicia.

Tras localizar ao home, os servizos de emerxencias trataron de reanimalo no punto, pero malia aos esforzos, o persoal sanitario confirmou finalmente o falecemento do accidentado, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button