OurenseÚltima hora

Falece un home tras ser alcanzado por un turismo que manobraba marcha atrás, en Trasmiras

 

Na noite do domingo 14 de abril falecía un home en Trasmiras, dentro dunha propiedade privada, no lugar de Soutelo, tras ser alcanzado por un turismo cando este manobraba marcha atrás, tal como informan dende o 112 Galicia.

Pasaban uns minutos das nove da noite cando o servizo de emerxencia recibía a chamada dun familiar, que “advertía do accidente e pedía asistencia médica urxente, pois o atropelado estaba inconsciente”, activando os protocolos correspondentes para a mobilización dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos Bombeiros de Xinzo e os axentes da Garda Civil. “Sen embargo, en canto se soubo que o atropelo producírase dentro dunha propiedade privada mentres o coche implicado manobraba marcha atrás, e que a vítima estaba liberada e accesible, os efectivos do parque comarcal descartaron a súa participación”, aseguran dende o 112.

Pola súa parte, “os axentes de seguridade recolleron toda a información necesaria sobre o sinistro, que tivo lugar no patio dunha casa e dentro do ámbito familiar, e que implicou a perda da persoa atropelada, tal e como indicaron os sanitarios tempo despois”.

 

Artigos relacionados

Back to top button