OurenseÚltima hora

Falece un home tras sufrir un accidente co tractor no municipio de Baños de Molgas

 

Un home perdía a vida, esta mañá, en Ponte de Ambía de Abaixo, no municipio de Baños de Molgas, tras sufrir un accidente co tractor que manexaba e quedar atrapado baixo do mesmo, tal e como vén de facer público o 112 Galicia.

O suceso producíase arredor das doce do mediodía. A esa hora, os xestores do 112 Galicia recibiron o aviso do sinistro mediante a chamada dos servizos sanitarios. Na comunicación, confimábase a mobilización da aeronave medicalizada, de base en Ourense, para o punto.

“De contado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse aos Bombeiros de San Cibrao e aos bombeiros do GES de Maceda e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello. Ademais, tamén se lle facilitaron os datos aos axentes da Garda Civil. Xa chegados ao punto, o persoal sanitario tan só puido certificar o falecemento do home, que tivo que ser excarcerado polos medios de intervención”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button