
Na tarde deste venres 11 de agosto o 112 Galicia informaba a través do Twitter do falecemento dun menor na Praia dos Franceses, no concello da Veiga.
Dende o 112 activaron o operativo con sanitarios, bombeiros de Valdeorras, Gardia Civil, GES da Veiga, Protección Civil e Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, tamén se mobilizaba ao helicóptero.
“Malia os intentos, os equipos sanitarios desprazados ao punto, nada puideron facer por salvarlle a vida ao menor”, aseguran dende os servizos de emerxencia.




