OurenseÚltima hora

Falece un operario ao sufrir un accidente cunha máquina cargadora en Calvos de Randín

 

Na noite do luns 27 de novembro, falecía un operario en Calvos de Randín ao sufrir un accidente cunha máquina cargadora, tal como informan dende o 112 Galicia.

Os feitos sucederon nunha granxa dez minutos antes das 23 horas da pasada noite. “Nese momento, un particular contactaba co 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria. Segundo informaba no seu relato, unha máquina cargadora que estaba sendo desprazada golpeara a un traballador”, explican dende o servizo de emerxencias que nada máis ter constancia do accidente laboral, solicitaban a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que “nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario”.

Tamén foron informados o GES de Muíños e os axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button