Un traballador de 23 anos perdía a vida nun accidente que se producía onte, 17 de xuño, arredor das 13:15h. nunha canteira próxima á localidade de Castriquilame, no municipio do Puente de Domingo Flórez (León).
O 112 Castela e León recibía un aviso indicando que esa persoa resultaba ferida ao caerlle unha pedra, que estaba inconsciente e que estaba a ser evacuada en vehículo particular desde a canteira ata o cruzamento da LLE-6222 coa LLE-164.
Nese momento o 112 Castela e León daba aviso do suceso á Garda Civil (COS) de León e a Emerxencias Sanitarias – Sacyl, que envíaba á zona unha ambulancia soporte vital básico, un equipo médico do centro de saúde de Puente de Domingo Flórez e un helicóptero medicalizado, que finalmente se anulaba pola meteoroloxía. “Ao chegar, o persoal de Sacyl confirma o falecemento dun home de 23 anos”, confirma o 112 Castela e León.