ConcellosÚltima hora

Falece un veciño de Río en Castro Caldelas tras caerlle unha porta enriba

 

Na tarde deste mércores falecía un veciño de San Xoán de Río en Castro Caldelas tras caerlle unha porta enriba, segundo informan dende o 112 Galicia.

Tal e como explicou a persoa que chamou para pedir axuda, “os feitos ocorreron ás 15:30 horas nun domicilio situado na Estrada de Ponferrada, ata onde acudían os membros do GES de Castro Caldelas e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do home”, explican dende o Axega.

Ata o lugar desprazábase tamén unha patrulla da Garda Civil “co fin de recoller toda a información relacionada con este fatal accidente no ámbito doméstico”, din dende o 112. Pola súa banda, o equipo de rescate de Castro Caldelas confirmou que “o acceso dos sanitarios foi posible porque xa os veciños conseguiran retirar a porta cunha carretilla o suficiente para facilitar a asistencia”.

Artigos relacionados

Back to top button