OurenseÚltima hora

Falece unha condutora tras saírse da vía e chocar contra un muro en Vilanova dos Infantes (Celanova)

 

Contra as tres desta tarde de 20 de outubro producíase un accidente de tráfico na OU-540, no quilómetro 22, en Vilanova dos Infantes (Celanova). Un vehículo saíase da vía e batía contra un muro, tal e como informa o 112 Galicia, que recibía o aviso dun particular “para solicitar asistencia sanitaria para unha condutora que non respondía. Aseguraba que non estaba atrapada no interior do vehículo”, segundo o 112 Galicia, que de inmediato, puxo os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES Terras de Celanova.

Así mesmo, foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Terras de Celanova e o persoal do servizo de mantemento da vía.

“Os membros do GES Terras de Celanova interviron para sacar á muller, falecida, do interior do vehículo. Non foi preciso o uso de material de excarceración. Tras quitar á muller do interior do turismo, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da condutora e única ocupante”, indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button