ConcellosPetínÚltima hora

Falece unha muller de avanzada idade tras declararse un incendio na súa vivenda en Outeiro (Petín)

 

Na tarde deste xoves 17 de novembro producíase un incendio nunha casa no municipio de Petín, resultando falecida a súa propietaria, unha muller de avanzada idade. “Os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida, mentres que os Bombeiros de Valdeorras se encargaron de apagar o lume que afectou a unha estancia da vivenda”, explican dende o 112 Galicia, que recibía a chamada dun particular en torno ás 16:30 horas, na que alertaba de que saía lume dunha casa no lugar de Outeiro, en Petín.

O particular apuntaba tamen que “había unha persoa no seu interior” polo que os xestores do 112 proceían a avisar ao persoal de Urxencias Sanitarias-061, aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, á Garda Civil e a Protección Civil de Petín. Sería pouco despois cando os servizos sanitarios e os axentes da Garda Civil chegaban ao lugar, aínda que “só puideron confirmar o falecemento da única implicada”.

Pola súa banda, os servizos de extinción daban por finalizada a súa intervención preto das 18 horas, e indicaban que “o fume inundara a sala de estar, mentres que o lume afectou a varios dos mobles que se atopaban nela”.

Artigos relacionados

Back to top button