SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por coronavirus na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 2 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 97 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Con esta nova morte, son xa 480 as persoas falecidas dende o inicio da pandemia na provincia de Ourense. Ademais perdía a vida outra muller, de 91 anos, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button