SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nas últimas horas en Galicia de dúas persoas que foran diagnoticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense.

Trátase dun home de 88 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Ademais, perdía a vida unha muller de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button