As forzas da orde “investigan as circunstancias do falecemento dun home tras ser alcanzado por un vehículo dentro dun aparcadoiro público en Ameá, no concello ourensán de Sarreaus”, tal como informan dende o 112 Galicia indicando que “quen chamou para pedir axuda asegurou que o atropelo foi completamente accidental e quen manexaba o turismo implicado era familiar do falecido”.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaban a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, “unha vez no lugar dos feitos, pediron a colaboración das forzas da orde co fin de aclarar as circunstancias do suceso”, sendo avisados os axentes da Garda Civil de Tráfico e, tamén, aos voluntarios de Protección Civil da localidade.
“Con todo, nada puido facerse por esta persoa, cuxo falecemento confirmouse apenas uns minutos máis tarde”, indican dende o 112, destacando que “a primeira comunicación sobre o suceso recibiuse no 112 Galicia ás 22:20 horas do martes 30 de xullo, e correspondía a unha testemuña do accidente, do mesmo ámbito familiar, quen sinalou o carácter fortuíto dos feitos”.