OurenseÚltima hora

Falece unha persoa na A-52 tras ser alcanzada por un vehículo ao paso por Taboadela

 

O 112 Galicia era alertado esta tarde, a través de varias chamadas de particulares, de que había un home tirado na beiravía na A-52 ao seu paso por Taboadela e apuntaban a un posible atropelo como o desencadeante da situación.

Co fin de atender á vítima, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que puxeron a disposición un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Sen embargo, este recurso non foi necesario ao confirmarse o falecemento pouco tempo despois da alerta”, segundo informa o 112 Galicia.

No dispositivo de seguridade colaboraron os axentes da Garda Civil de Tráfico, e tamén interviñeron os membros do GES de Pereiro de Aguiar. O sinistro produciuse no punto quilométrico 216, en sentido Ourense, tal e como indicaron os particulares que chamaron ao 112 para alertar.

Artigos relacionados

Back to top button