ConcellosManzanedaÚltima hora

Falece unha persoa nun accidente de tráfico no concello de Manzaneda

 

Na madrugada deste sábado 19 de agosto producíase un accidente de tráfico no concello de Manzaneda no que falecía unha persoa ao bater o seu coche contra un muro, tal como informan dende o 112 Galicia, asegurando que “á súa chegada, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento”.

Era un particular quen alertaba ao 112, en torno ás 6:15 horas, “dun coche que acababa de colidir contra un muro no quilómetro 7 da OU-0701, á altura de San Martiño de Manzaneda” e “aínda que nun primeiro momento sinalaba que a persoa permanecía atrapada no vehículo, o propio alertador foi quen de abrir a porta”, narran dende o servizo de emergencias que, solicitaba a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, “os que indicaban, unha vez no lugar, que a persoa non respondía aos seus estímulos”.

Artigos relacionados

Back to top button